Pontedeocio.com Volver ao Inicio Contacta con Pontedeocio Busca en Pontedeocio
Pontedeocio.com
  Axenda Mensual
  Cursos
  Exposicións
  Outras Actividades
  Estreas de Cine
  Videos e DVD
  Xogos
  Libros
  Discos
  Viaxes
  Establecementos
  Reportaxes
  Zona Monumental
  Feira Franca
  Ocio Infantil
  Entrevistas/Artículos
  Galería de Imaxes
  O Tempo
  Loterías
  Rueiro
  Publicidade
  Editorial
  Contacto
AXENDA DO 6 de Febreiro
Feiras
- "III Feira do Verdugo", de 10 a 20 horas, no Pavillón de Deportes de Ponte Caldelas. Oportunidades en coches, mobles, roupa, videoxogos, electrodomésticos, etc.

Máis información sobre Feiras Máis información

Festas
- Pasarrúas en Pontevedra, das madamas e galáns de Cobres, ás 12 horas.

- Festas na honra a San Blas en Salcedo.

- "Romeo y Julieta", a cargo da Compañía Ballet de Milano, ás 21 horas, no Auditorio do Centro Social Caixanova de Pontevedra.

Máis información sobre Festas Máis información

Deportes
- II Carreira Popular Salcedo - Pontevedra. Saída ás 16 horas, dende o campo de festas de San Blas. Ao finalizar a carreira farase a entrega dos trofeos e medallas, e premiarase ao corredor máis veterano. Haberá unha chocolatada e sorteo dun lote de lacóns entre os participantes.

- Campionato galego cadete de inverno de waterpolo; participan CN Pontevedra, CW Santiago, Asociación Coruñesa de Waterpolo, CN Coruña e RCN Vigo. Ás 19 horas, no CGTD de Pontevedra (Estadio da Xuventude).

- Baloncesto feminino: C.B. Arxil - Carmelitas de Ourense, ás 20 horas, no CGTD de Pontevedra (Estadio da Xuventude).

Máis información sobre Deportes Máis información

Teatro
- Ciclo de teatro de humor na S.C.D. Mourente. O grupo "Alecrín" de Ribadumia porá en escea "O testamento do Tío Niso", ás 20:30 horas.

- "Atra Bile" de Teatro de Ningures, ás 21:30 horas, no Pazo Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo.

Máis información sobre Teatro Máis información

Música
- Actuación de grandes orquestras a partir das 19 horas, na Discoteca La Luna, San Vicente de Cerponzóns.

- Festival Musical Solidario con Haití. Actuación de distintos Coros e Grupos, ás 20 horas, no IES Illa de Tambo de Marín

- Concerto da Banda de Música de Lalín, no Auditorio Municipal ás 20:30 horas.

- Concerto de "Dani Mata", a partir das 23 horas, na Discoteca Élite de Ponte Caldelas.

- "DJ Troncoso" e os seus convidados, de 00 a 05 horas, no Pub Leblón de Ponte Caldelas. Prezo das consumicións "anticrise".

Máis información sobre Música Máis información

Outras Actividades
- Taller de expresión corporal, organizado pola Asociación Down Pontevedra Xuntos, ás 11 horas, na Fundación Caixa Galicia de Pontevedra.

- "Noites Abertas 2010". Programa de ocio xuvenil do Concello de Pontevedra. No Colexio Froebel: Maquillaxe fantasía de Entroido (20 a 23 h); Malabares (21 a 23 h). Na Casa Azul: Fimo: pendentes, pulseiras, aneis, pins...(21 a 23 h); Masaxe Tailandesa (22 a 00 h). No Local de Música: Conferencia: Creative Commons (22 a 00 h). Pavillón Multiusos: Partidos de fútbol sala (21 a 23 h). Máis información na páxina de outras actividades.

Máis información sobre Outras Actividades Máis información

 
Axenda do Mes
<<Febreiro 2010>>
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
 
 
Publicidade
GIF Blade 120x600
 
Publicidade