Festas
- Enterro do Ravachol en Pontevedra. Ás 12 horas, na Praza da Peregrina, recreación da Botica de Don Perfecto Feijoo. Ás 18 horas, na Praza da Verdura, comezo do velorio (prégase asistencia de luto rigoroso). Ás 21 horas, saída do cortexo fúnebre, polas rúas San Román, Ferraría, Soportais, Manuel Quiroga, Isabel II, Sarmiento e Praza da Ferraría, onde se procederá á incineración do Loro Ravachol coa actuación do "Xarangallo-Mangallo".
- Actuación da comparsa "Os Canecos", ás 19:30 horas, no Centro Comercial A Barca de Poio.
- Gala do Chapante no Centro Patelas de Cuntis, no que participarán Mofa e Befa co seu espectáculo "Cociña para Chapantes".
- Enterro da Cabra en Vilalonga (Sanxenxo). Ás 21 horas, saída da Praza de Vilalonga e percorrido polas rúas da vila. Remate na misma praza e degustación de productos típicos.
- Espectáculo de Parodias en Sanxenxo, con imitacións humorísticas a cargo de diferentes persoas do Concello, ás 22:30 horas, no Porto de Portonovo.
Máis información sobre Festas
Música
- Concerto organizado pola Fundación Rutas del Románico, ás 20:30 horas, no Teatro Principal de Pontevedra.
Máis información sobre Música
Outras Actividades
- Monicreques. "Xoañiña dentes verdes", a cargo de "Titirimanía", para nenos/as ata os 8 anos. Ás 18:30 horas, no Salón de actos da Biblioteca Pública de Pontevedra (entrada libre ata completar aforo).
Máis información sobre Outras Actividades