Pontedeocio.com Volver ao Inicio Contacta con Pontedeocio Busca en Pontedeocio
Pontedeocio.com
  Axenda Mensual
  Cursos
  Exposicións
  Outras Actividades
  Estreas de Cine
  Videos e DVD
  Xogos
  Libros
  Discos
  Viaxes
  Establecementos
  Reportaxes
  Zona Monumental
  Feira Franca
  Ocio Infantil
  Entrevistas/Artículos
  Galería de Imaxes
  O Tempo
  Loterías
  Rueiro
  Publicidade
  Editorial
  Contacto
AXENDA DO 14 de Febreiro
Festas
- Entroido en Marín. Ás 11 horas, concentración das comparsas; ás 11:30 horas, desfile e actuacións nas innmediacións da Alameda; ás 13 horas, lectura do pregón, a cargo de Celso Méndez Fraguas; ás 13:30 horas, actuación do Xarangallo-Mangallo e da charanga "Air Jalisia". Ás 16:30 horas, concentración de disfraces do desfile de adultos na Praza do Regueiro, e ás 17 horas, saída do desfile pola Avda. de Ourense, Praza de España, Salvador Moreno, Jaime Janer, Calvo Sotelo e finalizando no Parque Eguren.

- Desfile do Entroido en Poio, con saída ás 16:30 horas, da Praza da Granxa (Campelo), pasando por Rúa Castelo, Avda. de San Xoán, Avda. Seara, 4ª Travesía Seara, Camiño A Reiboa e remare en A Seca coa actuación do grupo "Hiroshima" e entrega de premios.

- Certame de Comparsas en Sanxenxo, ás 16:30 horas, na Praza dos Barcos.

- Festival infantil de disfraces, de 17 a 19 horas no Centro Cultural de Monte Porreiro.

- Desfile de Entroido en Caldas de Reis, con saída ás 17 horas, dende o Paseo Ramón López.

- "X Edición da Festa da Vincha de Cerdedo". Ás 12 horas, pregón a cargo de Mariluz Montes Quireza, viúva do director de cine Chano Piñeiro. Ás 13 horas, concurso de vinchas e de doces de entroido. Durante todo o día amenizarán a festa o grupo de gaiteiros "Os Chichisos" e "Os Abrentes de Cerdedo". Haberá mostra de oficios tradicionais, postos de artesanía e de productos da terra e ecolóxicos. Para xantar haberá polbo, churrasco e lacón con grelos, a prezos populares. Pola tarde, representación da obra de teatro "Se o sei non volvo á casa".

- terra e ecolóxicos. Para xantar haberá polbo, churrasco e lacón con grelos, a prezos populares. Pola tarde, representación da obra de teatro "Se o sei non volvo á casa".

- "XXVI Festa Infantil Lameiriña" en Marín. Ás 12 horas, Festa do Merengue. Ás 16:30 horas, Festa Infantil. Festas amenizadas pola orquestra "Nueva Generación". A partir das 20 horas, pasarrúas do Xarangallo-Mangallo polas tabernas da vila.

- Entrodio en Pontevedra. Festa do Entroido Infantil, ás 17 horas, na Praza da Ferraría. Presentación do loro Ravachol, ás 20 horas, na Praza da Peregrina coa recreación da botica de Perfecto Feijoo, e a actuación do "Grupo Foula". Primeira eliminatoria do "XIX Concurso de Murgas de Pontevedra", ás 21 horas, no Pazo da Cultura de Pontevedra (entrada gratuita ata completar aforo).

- Festa de Entroido Infantil, de 17:30 a 21:30 horas, no Pub Leblon de Ponte Caldelas (entrada gratuita).

- Festival Infantil de Entroido, a partir das 17:30 horas, na Discoteca Élite de Ponte Caldelas.

Máis información sobre Festas Máis información

Música
- Actuación de grandes orquestras a partir das 19 horas, na Discoteca La Luna, San Vicente de Cerponzóns.

- Actuación da orquestra "Pontevedra", a partir das 17:30 horas, na Discoteca Élite de Ponte Caldelas.

Máis información sobre Música Máis información

Outras Actividades
- Rastrillo de Antigüedades e Curiosidades, de 10 a 14 horas, na Praza da Verdura de Pontevedra.

Máis información sobre Outras Actividades Máis información

 
Axenda do Mes
<<Febreiro 2010>>
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
 
 
Publicidade
GIF Bola 120x600
 
Publicidade