
LAIO, un berro ante a pasividade
Pepe L. Gómez
O pasado mes de outubro presentouse no Clube Internacional de Prensa, en Santiago de Compostela, “Luneda” o derradeiro traballo discográfico do grupo LAIO, unha formación galega que ainda que non é moi coñecida na nosa terra baixo esta denominación, goza dunha ampla traxectoria no mundo do folk e a música tradicional, polo que xa está sendo acollida con moito exito fora das nosas fronteiras e especialmente en Canadá. Nesta entrevista imos a tratar de saber algo mais de eles e de coñocelos un pouco mellor.
¿Cando e cómo se formou Laio?
Laio xurdiu a raiz da colaboura se seis músicos nun proxecto anterior no que acompañabamos a u solista. Durante catro anos de vivencias e experiencias musicais decidimos no verán do 2000 poñer en marcha a nosa andaina en solitario.
¿Por qué vos facedes chamar Laio?
LAIO responde a un estado anímico no que a banda se atopaba no momento da sua xestación. LAIO é un berro ante a pasividade. LAIO é querer dicir cousas que ata ese momento non se nos deixaban dicir. As nosas experiencias de tocar no extranxeiro nos levaron tamén a inclinarnos por un nome que fora fácil de pronunciar e de leer en calquera parte do mundo, xa que nós pensamos sempre en facer música para ser escoitada non so eiqui, foi outra razón para elexir este nome.
¿Por qué creedes que estades acadando máis éxito no estranxeiro?
Aquí o ritmo das cousas e máis lento. O sistema obriga a que antes de nada debes ter un disco debaixo do brazo se queres presentar un proxecto musical. Nos dende a formación de LAIO tiñamos claro que había que gravar, e o peso do traballo concentrouse para tal empresa. Así conseguimos gravar durante boa parte do 2001. Despois tardouse outro ano en poder sacar o Disco o mercado, que o final saiu có selo WorldMuxxic. Durante todo ese tempo tiñamos claro que o grupo tiña que tocar. E curiosamente tocouse máis no estranxeiro que aquí. En Portugal e Norte América. Son dous anos xa indo a terras norteamericanas, onde se nos demostrou que hai público con grandes inquedanzas, sen máis aditivos. A nosa música convenceu dende o primeiro concerto, chegando a esgotarse a edición do noso CD que levamos para presentar, tiñamos seguidores que ian por todolos festivais nos que estabamos a tocar. Neste verán xa se nos coñecía, coincidindo ademáis coa edición de Luneda (saiu un pouco antes que aquí), e a acollida foi espectacular, chegando nalgún festival a ser cabezas de cartel. En festivais multitudinarios nos que tocas ante 30.000 persoas e compartes escenario con grupos como Ani DiFranco, SleepY LaBeef, La Bottine Souriante, Billy Bragg,... As reaccións do público ás veces poñen o pelexo de galiña.
Como actual formación ¿Cal foi a mellor experiencia musical que vivichedes?
A actual formación é Xan Hernández (baixo) veciño de Combarro, Xabier Díaz (acordeón e bandoneón), Pablo Pascual (clarinete baixo), Triqui (loops e programacións) veciño de Pontevedra, Pedro Pascual (bouzouki acústico e eléctrico, guitarra), Leandro Deltell (batería e percusións).
Como LAIO (nestes dous anos) tivemos oportunidad de tocar con Daniel Lapp, un trompetista e violinista increible. Tocar xunto a gaiteira Kathryn Tikell foi un gustazo. Ou cos africanos Baka Beyond. Estar compartindo experiencias xunto a mitos vivintes como Sleepy LaBeef ou Harry Manx e algo abraiante, ainda que coido co grupo non pode esquece-los aplausos dun dos públicos máis calurosos que tivemos, o de Calgary, ó remata-lo concerto a ovación foi impresionante, 20 mil personas de pe aplaudindo sen parar, foi moi gratificante. Outras das experiencias mellores foi a gravación mesma de Luneda, na que participan grandes amigos e músicos como Jaime Muñoz, Ove Larsson, Jacky Molard, Germán Díaz, Edelmiro Fernández, Ma Roman,...foi unha auténtica festa.